A Banda de Música Ateneo de Negreira nace en xullo de 1998 cando o, por aquel entón, director da Escola Municipal de Música, Vicente Martín Arastey, reúne un reducido grupo de alumnos para formar un conxunto musical.
Tras a dirección de Vicente Martín, bombardinista na Banda Municipal de Santiago de Compostela, tomaron a batuta da banda Pablo Mato, Fernando Rey, Simón Couceiro e, desde finais de 2004 ata o día de hoxe, o cargo de director é ocupado por Raúl Martín Niñerola.
Na actualidade, a Banda de Música Ateneo de Negreira conta con 45 músicos, a maioría deles procedentes da Escola Municipal de Música. A banda ofrece concertos de diferentes tipoloxías e xéneros por toda Galicia, colaborando con agrupacións e bandas de diversos estilos musicais. Entre as súas actuacións máis destacadas, sobresae o intercambio musical realizado en Ponferrada no ano 2022. Ademais, desde hai máis de 20 anos, a banda é anfitriona do Festival de Bandas de Negreira, que se celebra anualmente neste concello co gallo das festas de Santa Margarita.
Entre os seus recoñecementos, destacan os premios obtidos no VIII Certamen Internacional de Bandas Ciudad de Benavente, no que a agrupación acadou o primeiro posto como mellor banda, o premio ao mellor solista e o premio ao mellor director.

























