A Escola Municipal de Música de Negreira é un proxecto educativo e cultural que busca formar músicos e fomentar o amor pola música entre persoas de todas as idades. Desde os seus inicios, converteuse nun elemento clave na dinamización cultural do noso concello, sendo tamén a base esencial para nutrir a nosa banda de música con novos talentos.

Modalidades de matrícula
– Música e Movemento 1 e 2: De 4 a 6 anos
– Iniciación Musical 1 e 2: De 6 a 8 anos
– Linguaxe musical 1,2,3 e 4: A partir de 8-9 anos
– Adultos 1 e 2: Pensado para que ninguén quede sen poder estudar música debido a súa idade.
– Só instrumento: Pensado para todos aqueles alumnos que terminen cos 4 cursos de linguaxe musical e queiran continuar connosco.
– Só conxuntos: Pensado para alumnos que solo queiran ir a coro, conxunto de gaitas ou conxunto de acordeóns.
Preguntas frecuentes sobre a escola.

Especialidades instrumentáis:
– Frauta
– Clarinete
– Saxofón
– Violín
– Guitarra
– Trompeta
– Trompa
– Trombón
– Bombardino
– Tuba
– Piano
– Percusión
– Gaita
– Canto
Conxuntos:
– Banda infantil
– Conxunto de corda
– Coro
– Conxunto de acordeóns
– Conxunto de gaitas

Información matrícula
– O prazo de matrícula para novos alumnos ábrese en xullo e termina a primeira semana de setembro.
– A segunda quincena de xuño ábrese un prazo para que os que xa sexan alumnos/as da EMMN poidan renovar a súa matrícula e non perdan a praza.
– A matrícula pódese realizar de forma presencial no Rexistro Municipal do Concello de Negreira ou de forma online na Sede Electrónica do Concello de Negreira.
Anímate a formar parte da nosa escola!
Se che apaixona a música ou queres que os teus fillos e fillas teñan a oportunidade de descubrir este marabilloso mundo, a Escola Municipal de Música de Negreira é o lugar ideal para ti. Esperámoste! 🎵

